Sunday 12 de May de 2024

Canteras El Pozo e Bértoa xogarán a final do 35º Torneo “Concello da Laracha” de Peñas de Fútbol


O sábado desde as 19:00 horas no Campo Municipal da Laracha

A entrada é gratuíta para o público.

A final da 35ª edición do campionato de peñas de fútbol ‘Concello da Laracha’ enfrontará a Canteras El Pozo e Bértoa este sábado a partir das 19:00 horas no Campo Municipal da Laracha.

O conxunto de Soandres (Canteras El Pozo) chega ao partido decisivo despois de superar a San Ramón nas semifinais. Bértoa tivo que gañar dous partidos, o da rolda previa a Soandres Veteranos e as semifinais a San Román Veteranos, para chegar á cita do sábado.

A entrada para o público que desexe asistir ao partido da final do torneo é libre e gratuíta.
CADRO DO 35º CAMPIONATO DE PEÑAS ‘CONCELLO DA LARACHA’
ROLDA PREVIA RES
SOANDRES VETERANOS – BÉRTOA 2 – 3

SEMIFINAIS RES
SAN RAMÓN – CANTERAS EL POZO
SAN ROMÁN VETERANOS – BÉRTOA 0 – 1
0 – 2

FINAL
CANTERAS EL POZO – BÉRTOA